A empresa Rubén Pacior S.L. nace no ano 2006 como un proxecto familiar, co fin de adaptarse ás esixencias do mercado.

Despois de acumular anos de experiencia e especialización no sector maiorista da Castaña e no relacionado con el, témonos especializado na venda de castaña fresca. Ademais de asesorar e prestar información sobre as diferentes variedades que o mercado esixe.

Ofertamos un produto de grande calidade, calibrado por tamaños, embalados en diferentes formatos, para un fácil manexo e que se adapte ás súas necesidades en cada momento.

Estamos dedicados á venda de castaña fresca a maioristas, particulares e castañeiros, así como unha meirande gama de produtos elaborados usando como base a castaña.

Hoxe decidimos desenvolver unha liña de productos naturais e de calidade, transformando a materia prima coa que vimos traballando dunha forma artesán, natural e tradicional.

Actualmente, os nosos produtos son comercializados baixo a marca “PETELAR” e pódense atopar en toda a xeografía española.