Fariña de castaña

Category:

A fariña de castaña é un gran ingrediente na alta repostería como substitutivo ou complemento da fariña de trigo tradicional. Está considerada un super alimento, non contén gluten, estando indicada para celíacos e tamén para intolerantes á lactosa (pode empregarse para facer preparados de bebidas vexetais “leite de castañas”).

Ten un alto contido en potasio, moi bo para aquelas persoas que padecen problemas de arterioesclerose e de riñón, tamén axuda a previr a hipertensión.

Son unha boa fonte de minerais, entre os que destaca o magnesio, manganesio, zinc, ferro e fósforo.  Segundo algúns estudos atribúenselle propiedades tanto antiinflamatorias como vasculares reconstituintes. Mantén os ósos fortes e os dentes sans grazas ao alto contido en calcio, fósforo e magnesio.